24/11/11

Cincenta 5º A




Estas son as Cincentas vestidas en familia.
A actividade levouse a cabo nas casas respectivas e os rapaces contaron coa colaboración de papás, mamás, irmáns...
Como vedes hainas de principios do S.XX, dos anos 60, algunha de moda étnica, outra cun esmoquin moi feminino, outra coa moda grega... e a maioría son moi actuais. Mesmo hai unha moi navideña!
Podían escoller calquera dos dous intres polos que pasa a protagonista na historia: antes ou despois de cambiar de estado.
Os libros que usamos para documentarnos foron:
MORLEY, J. Roupas de traballo, xogo e lucimento,Ed. Xerais (1994)
Ventura, P. Los vestidos. Objetos, formas y usos en el vestir a través de los tiempos. Ed. Everest (1993)
A que escollimos democráticamente para formar parte do mural conxunto de todo o colexio foi a de Diego García.
A min gústanme todas!

Cincenta. Proposta de traballo.

Comezamos co noso traballo sobre o conto escollido: CINCENTA.

Para elo, e despois de ler máis de 20 versións da historia de entre as que ten a biblioteca escolar e as que tiñan os rapaces e rapazas na casa, escollimos 3 para traballar sobre elas:
  1. A versión de J e W GRIMM incluida no libro Contos de Grimm (Ed. Xerais, 1998)
  2. A versión de Perrault, incluida en Cuentos de Perrault de Ed. Servilibro
  3. Unha versión Disney, incluída no libro Cenicienta (Ed. Beascoa, 2007)
O primeiro paso consiste en:
  • Analizar as diferentes ilustracións das versións lidas.
  • Situar esas ilustracións na época histótica que lles corresponde, orientándonos polos libros de Historia do vestido que hai na biblioteca.
  • Escoller unha época para vestir á túa protagonista.
  • Vestir á protagonista, usando a plantilla que se facilita,
Segundo paso:
Estudaremos cada versión no seu conxunto,  e faremos un informe de como se caracterizan nela ós personaxes seleccionados.

  • Ler detidamente cada versión. Usando a plantilla que se facilita,
  • Recoller tódolas características e acións que se lle adxudican a cada un dos personaxes estudados.
  • Clasificalas en positivas, negativas, activas e pasivas
  • Elaborar, cos datos obtidos, un informe do relatado nesa versión.
Terceiro paso:
Compararemos as tres versións, situándoas cronoloxicamente no tempo prtestando atención aós elementos que se suprimen, que se incorporan... E reflexaremos as conclusións nun informe final